Presentación da exposición "As xentes de Sada na mirada de Isaac Díaz Pardo"

O próximo xoves 14 de agosto ás 20.00 horas terá lugar na praza Fonte a Correos a presentación da exposición "As xentes de Sada na mirada de Isaac Díaz Pardo". A mostra está composta por materiais gráficos facilitados por Xosé Díaz Arias de Castro, que ofrecen unha visión singular das persoas e espazos da vila.
Esta iniciativa está promovida pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, con colaboración e patrocinio do Concello de Sada. A presentación contará coa actuación musical do grupo Nova Troula para amenizar o acto.
A exposición busca poñer en valor a figura de Isaac Díaz Pardo e o seu vínculo con Sada, así como mostrar a riqueza cultural e humana da localidade a través da súa ollada.