Portas Ártabras acolle unha conferencia sobre as chemineas da Coruña

ACoruñaXa
A cargo de José Carlos Alonso, cronista gráfico da cidade e creador do proxecto “Flujos”
artabra-cheminea
23 Jul 2025

Portas Ártabras acollerá o xoves 24 de xullo ás 20.00 horas a conferencia “Chimeneas de Coruña”, a cargo de José Carlos Alonso, cronista gráfico da cidade e creador do proxecto “Flujos”. A charla xirará arredor dunha das súas últimas publicacións de fotografías: “Chimeneas, vida y muerte en Coruña”.

Transmiten desde Portas Ártabras que desde que a humanidade controlou a maneira de facer lume sentiu a necesidade de protexelo. Parella foi a necesidade de desprenderse dos seus fumes, o que definiu a forma dos seus primeiros fogares. A sociedade evoluíu e a cheminea saíu da “casa” con novas funcións —transporte, fábricas...—. O seu uso foi fundamental para a nosa prosperidade, aínda que levada tan ao límite que, tanto nos daba a vida, como a morte.

Segundo recolle o autor, só hai unhas décadas que desterramos a maior parte dos perigos directos da combustión e os seus fumes. Os “indirectos” aínda está por ver ata que punto danarannos. A actividade terá lugar no espazo cultural Portas Ártabras, sede da asociación Amigos dos Museos de Galicia, na Rúa Sinagoga, nº 22 da Coruña.

⚙ Configurar cookies
0.18453001976013