Portas Ártabras acolle este xoves unha proxección dun documental sobre o escultor Francisco Leiro

ACoruñaXa
A proxección contará coa presenza de Aser Álvarez, director do premiado documental sobre o escultor galego Francisco Leiro
Imaxe do cartel de Francisco Leiro
4 sep 2024

Este xoves 5 de setembro, ás 20.00 horas, o espazo cultural Portas Ártabras acollerá a proxección da segunda parte do documental “Traballos e Días de Francisco Leiro – O Purgatorio”, unha obra de Arraianos Producións que explora a vida e obra dun dos escultores galegos máis recoñecidos a nivel internacional: Francisco Leiro.

O evento contará coa presenza de Aser Álvarez, director e produtor deste documental que xa foi galardoado en diversos festivais. Álvarez compartirá detalles sobre o proceso de creación do filme e a súa experiencia traballando co escultor.

A entrada será libre ata completar o aforo, brindando ao público coruñés unha oportunidade única para achegarse á traxectoria artística de Leiro a través dunha perspectiva íntima e persoal.

 

 

 

 

Traballos e Días de Francisco Leiro 2 en Portas Ártabras
0.1288731098175