Portas Ártabras acolle este xoves a presentación do libro 'Romanceiro do Pedregal de Irimia'
ACoruñaXa
O acto contará coa participación de Felipe Senén, arqueólogo e escritor; Óscar Calvo de Radio Roncudo e Radio Pardiñas; Alfonso Blanco Torrado, Coordinador Asociación Xermolo e Xosé Otero Canto, autor
15 Maio 2024
Este xoves 16 de maio, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras no espazo de Amigos dos Museos de Galicia, a presentación do libro 'Romanceiro do Pedregal de Irimia' de Xosé Otero Canto, editado por Xermolos e a Irmandade Manuel María, coa colaboración do Concello de Meira.
O acto contará coa participación de Felipe Senén, arqueólogo e escritor; Óscar Calvo de Radio Roncudo e Radio Pardiñas; Alfonso Blanco Torrado, Coordinador Asociación Xermolo e Xosé Otero Canto, autor.
A entrada será libre para todo aquel que estea interesado en acudir ata completar aforo.