Portas Ártabras acolle este xoves a presentación do libro 'Brandomil. Vila soterrada'

ACoruñaXa
A publicación detalla o resultado das recentes escavacións nesta vila do concello coruñés de Zas
Imaxe do cartel da presentación do libro 'Brandomil. Vila soterrada'
29 Maio 2024

O espazo de Amigos dos Museos de Galicia, en Portas Ártabras na Coruña, acolle este xoves 30 a presentación do libro ilustrado 'Brandomil. Vila soterrada' dos arqueólogos Lino Gorgoso e Abel Vigo. A publicación detalla o resultado das recentes escavacións nesta vila do concello coruñés de Zas.

Trátase de 20 hectáreas de restos nos que destaca un asentamento urbano romano ocupado de xeito ininterrompido entre os séculos I a V, segundo acreditan as probas de carbono 14 realizadas cos materiais do xacemento. Saíron á luz tamén treitos de dúas calzadas romanas no núcleo urbano e a continuación da ponte vella sobre o río Xallas. Son as únicas visibles actualmente en toda a provincia da Coruña.

O libro esta editado pola Fundación Brandomil, creada en 2018 para recuperar, protexer e difundir o patrimonio material e inmaterial da vila.

Neste sentido, o acto contará coa participación de: Lois Oreiro da Fundación Brandomil; Lino Gorgoso, coautor do libro; e Abel Vigo, coautor do libro.

Ademais, a entrada ao evento de presentación será libre ata completar aforo.

0.20502090454102