Pontón critica o anuncio da Xunta sobre os alugueiros protexidos de até 1.000 euros en Xuxán

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou de “estafa” que o PP na Xunta anuncie como protexidas as mil vivendas anunciadas no barrio coruñés de Xuxán para poñer en alugueiro cunha renda de case mil euros ao mes. “Isto é un timo, unha estafa e, sobre todo, é xogar coas expectativas dos galegos e das galegas que están buscando unha vivenda digna á que teñen dereito”, denunciou.
Pontón dirixiuse directamente ao presidente da Xunta para preguntarlle “se os 4.000 pisos protexidos que está anunciando logo de dezaseis anos nos que dinamitou a política social de vivenda van ser como os ofertados no barrio coruñés”, anunciados o pasado mes de marzo coa promesa de que sairían o mercado con arrendamentos moderados que resultaron ser de até 975 euros ao mes.
“Non sei se o señor Rueda cre que un aluguer social son mil euros ao mes, pero creo que a maioría das persoas deste país, dos mozos e mozas, non considera que iso sexa un aluguer social”, advertiu a portavoz nacional, que criticou que esta vaia ser a “alternativa” do PP en materia de vivenda.
Unha alternativa de colaboración pública privada que, no caso dos 224 pisos de alugueiro de Xuxán aos que fixo referencia, pasa por “regalar solo público a unha xestora de Madrid”, mentres se nega a poñer tope aos prezos dos alugueiros, tal e como lle pide o BNG, salientou.
A líder da oposición destacou que o acceso á vivenda é a día de hoxe “misión imposible” para milleiros de mozos e mozas, pero tamén para moitas familias que non dispoñen de recursos suficientes para acceder a un inmoble e ás que o Executivo do PP só ofrece “propaganda” e unha “política bluf”.
“En vez de atender o problema real que hai en vivenda, o PP ofrece propaganda e medidas ineficaces, creando ademais problemas que non existen”, subliñou en resposta aos medios de comunicación que lle preguntaron polo fracaso do coñecido como teléfono antiokupas, que tan só recibiu tres chamadas en 2024.
Este 75 aniversario marca no solo un hito en la historia musical de Monforte, sino también un momento de renovación y proyección hacia el futuro para una de las instituciones culturales más veteranas de la comarca.