Piden a colaboración veciñal en Oleiros para buscar un infractor das normas do lixo

ACoruñaXa
Apareceu un vertido de residuos procedente da reforma dunha vivenda
lixo-oleiros
18 Jul 2025

Este venres as beirarrúas da rúa Francisco Comesaña, no centro de Santa Cruz, amenceron cun vertido de residuos e lixo procedentes dunha reforma dunha vivenda. Para identificar ás persoas responsables e poder sancionalas, o Concello solicita a colaboración dos veciños e veciñas da zona que se poden dirixir ao teléfono de atención veciñal 981 610 000 ou á Policía Local no 981 610 001.

“Está claro que está feito a propósito, para degradar as rúas... Solicitamos que se algunha persoa viu algo, por favor nolo comunique, porque tiveron que usar algún camión ou furgoneta”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Só é posible deixar xunto aos contedores mobles, electrodomésticos, colchóns e outros residuos voluminosos do fogar os xoves a partir das 20:00 horas, sempre e cando se chame previamente ao teléfono 981 795 524 para dar o correspondente aviso.

⚙ Configurar cookies
0.1694221496582