‘Pepe y Lucas. Dentro y fuera’ colga o cartel de completo no Auditorio de Sada

ACoruñaXa
O espectáculo en vivo, programado para o domingo 8 de febreiro ás 19.00 horas, esgotou todas as entradas
pepe y lucas completo
4 Feb 2026

A Concellería de Cultura de Sada confirmou que xa non quedan billetes á venda para o show ‘Pepe y Lucas. Dentro y fuera’, previsto para o domingo 8 de febreiro ás 19.00 horas no Auditorio da Casa da Cultura. Trátase dun espectáculo do circuíto AGADIC que, segundo indica o Concello, volve repetir unha situación que xa se vén dando noutros eventos programados desde comezos de ano, cunha alta resposta do público e o habitual ‘completo’ no cartel.

Os protagonistas son Pepe e Lucas, dous irmáns galegos que acadaron grande popularidade en TikTok grazas ao seu humor e á súa creatividade. Con máis de 1,8 millóns de seguidores, o seu contido bebe dun estilo próximo e do seu propio universo cotián, inspirado na infancia nunha aldea galega. Agora trasladan ese éxito das redes ao escenario cun formato en directo pensado para conectar co público a través de situacións cómicas e complicidade.

⚙ Configurar cookies
0.078551769256592