Pepe Carrillo recibe unha homenaxe polo seu papel fundamental no sindicalismo na Coruña

ACoruñaXa
UGT realizou un acto que congregou a numerosos representantes institucionais, políticos e sindicais
Carrillo-culleredo
7 Feb 2025

Pepe Carrillo foi homenaxeado por UGT como "unha figura fundamental no sindicalismo e un referente na defensa da xustiza social e da dignidade laboral", en palabras de José Ramón Rioboo, representante da Deputación da Coruña nun acto que congregou a numerosos representantes do mundo institucional, político e sindical da comarca, entre eles a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, o expresidente da Xunta, Fernando González Laxe ou o actual secretario xeral de UGT en Galicia, José Antonio Gómez.

Rioboo destacou que Carrillo é "unha figura eternamente vencellada sindicalismo nesta comarca", e subliñou que "dende os seus primeiros pasos na UGT, Pepe entendeu que o sindicalismo non é só unha ferramenta para defender os dereitos da xente, senón tamén a columna vertebral sobre a que sustentar o progreso como camiño para acadar o benestar común", expresou-

O deputado tamén puxo en valor a capacidade de diálogo de Carrillo, destacando que "só a través desa habilidade conseguiu desenvolver todo tipo de negociacións para a defensa das causas xustas, mesmo en situacións de complexa e inestable realidade".

Finalmente, Rioboo reivindicou a pegada que deixa Pepe Carrillo, asegurando que "o seu legado debe ser un faro para seguir loitando por novas conquistas laborais" e lembrando que "moitos dos dereitos e liberdades que hoxe gozamos foron posibles grazas ao compromiso e loita incansable de moitas persoas como él".

 

0.15648007392883