Pedro, xogador da academia M16, regresa á selección galega de rugby

O rugby arteixán pecha o ano cunha noticia destacada. Pedro, xogador da academia M16 do club, volverá vestir a camiseta da selección galega, unha convocatoria que desde a entidade cualifican como o mellor broche para rematar a tempada.
Desde o club trasladan os parabéns ao deportista pola súa chamada e fan extensiva a felicitación a toda a familia verde e branca, poñendo en valor o traballo da canteira e o crecemento do rugby en Arteixo.