Peche total dun tramo da avenida Francisca Herrera por obras entre o 2 e o 6 de marzo

ACoruñaXa
O corte afectará aos dous sentidos entre os cruces con Fonte Douro e Charry e o tráfico desviarase pola avenida Miguel Hernández
OLEIROS avenida fernanda
Actualizada el 26 febrero 2026, 09:52 horas
25 Feb 2026

O Concello de Oleiros anunciou un corte total de tráfico na avenida Francisca Herrera durante cinco días a partir do luns 2 de marzo. A restrición manterase ata o venres 6 de marzo ás 18.00, e afectará aos dous sentidos de circulación nun tramo comprendido entre o cruce coa rúa Fonte Douro e a avenida Miguel Hernández e o cruce coa rúa Charry.

Segundo a información municipal, o obxectivo é facilitar os traballos previstos na zona, polo que a circulación quedará interrompida no treito indicado tanto para os vehículos que se dirixan cara á Coruña como para os que vaian en dirección Sada.

Para minimizar as afeccións, o Concello sinala que o tráfico será desviado preferentemente pola avenida Miguel Hernández, itinerario recomendado para os desprazamentos durante os días do corte.

0.12403607368469