Pecha temporalmente a piscina municipal de Carral por motivos de limpeza e mantemento

Debido a actitudes incívicas por parte dalgunhas persoas usuarias, a piscina municipal de Carral permanecerá pechada temporalmente para realizar labores de limpeza e saneamento. Esta decisión busca garantir que o espazo recupere as condicións adecuadas de hixiene e seguridade para toda a veciñanza.
Desde o Concello de Carral comunicaron que en canto rematen estes traballos de mantemento, informarán sobre a reapertura a través dos seus canles oficiais de comunicación. Así, o goberno local reitera o seu compromiso de ofrecer un servizo de calidade e de fomentar a convivencia respectuosa nas instalacións.
O Concello agradece a comprensión e colaboración das persoas usuarias durante este período excepcional.