Pastoriza contará cun novo depósito auxiliar de auga para garantir o abastecemento

ACoruñaXa
SUMARTE prevé licitar a obra a comezos de 2026 cun investimento de 628.000 euros e unha capacidade de 2.000 metros cúbicos
ARTEIXO depósito
9 Sep 2025

O Concello de Arteixo prepara a construción dun depósito auxiliar en Pastoriza co obxectivo de reforzar a seguridade no subministro de auga. A entidade SUMARTE anunciou que a licitación das obras terá lugar a principios do próximo ano, cun orzamento de 628.000 euros.

A nova infraestrutura terá unha capacidade de 2.000 m³ e permitirá manter a continuidade do servizo durante as tarefas de limpeza ou reparación do depósito principal, que é o máis grande do municipio, con 7.900 m³, e abastece ás localidades de Arteixo, Vilarrodís e Pastoriza. Ademais, este depósito central tamén dá cobertura a Loureda, Suevos e Oseiro.

Paralelamente, en Sabón xa se traballa noutro proxecto: a posta en valor do depósito máis pequeno, de 4.000 m³ e construído en 2023, que se transformará nun miradoiro sobre o litoral.

⚙ Configurar cookies
0.060387134552002