Parada celebra o seu III Cocido de Antroido cunha xornada temática do circo

A Comisión de Festas de Parada, en Ordes, organiza o seu III Cocido de Antroido para o vindeiro 7 de febreiro, unha cita gastronómica e festiva na que a veciñanza está chamada a participar tamén co disfrace, xa que nesta edición a temática elixida será o circo.
O encontro celebrarase no local social de Parada a partir das 14.00 horas. O menú inclúe sopa, cocido completo, filloas e orellas, ademais de bebida e café.
No apartado de prezos, a organización fixa un custo de 35 euros para persoas adultas, 18 euros para nenos e nenas de 6 a 11 anos, e entrada de balde para menores de 6 anos.
A comisión lembra que os tickets poden mercarse na Parrillada Pontequinín ou a través dos seus membros ata o 1 de febreiro ou ata completar aforo, e advirte de que xa quedan poucas entradas dispoñibles, polo que recomenda non deixalo para o último día.