Papá Noel fará parada en Carral o 23 de decembro cunha tarde chea de animación no Campo da Feira

ACoruñaXa
A carpa municipal acollerá xogos e bailes cos elfos desde as 17.00 horas e, a partir das 18.00, comezará a recepción de nenos e nenas ata as 20.00
CARRAL papa noel
23 Dec 2025

Carral prepárase para recibir unha visita moi agardada este martes, 23 de decembro. Papá Noel achegarase á carpa do Campo da Feira para compartir unha tarde de Nadal coa cativada e coas familias.

A programación arrancará entre as 17.00 e as 18.00 horas cun tramo de animación, con bailes e xogos cos elfos, mentres se ultima a chegada do personaxe. Desde as 18.00 horas, Papá Noel comezará a atender aos nenos e ás nenas, que poderán achegarlle as súas cartas, desexos e peticións.

A xornada completarase ás 20.00 horas coa entrega dos agasallos do ‘Concurso de Decoración de Nadal’, nun encontro pensado para pechar a tarde con máis sorpresas e ambiente festivo na vila.

⚙ Configurar cookies
0.078294992446899