Paderne presenta a súa programación de Nadal con actividades para todas as idades

ACoruñaXa
Haberá música, teatro e un desfile de Reis anticipado que se celebrará o 4 de xaneiro
presentacion-nadal-paderne
2 Dec 2025

O Concello de Paderne deu a coñecer este luns a súa programación de Nadal, que incluirá propostas de música, teatro e actividades familiares, ademais dun desfile de Reis que se adiantará ao 4 de xaneiro. Ese día, ás 17:30 horas, Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán ao Concello acompañados de animación, batucada, espectáculos de lume, inchables, obradoiros e outras sorpresas.

A axenda navideña arrancará o 17 de decembro ás 11:00 horas na Casa do Concello coa Festa de Nadal, que incluirá a representación de Un Nadal na Laponia, a cargo de Teatro Calavera, e a visita de Papá Noel.

O venres 19 de decembro, a Igrexa de San Pantaleón das Viñas acollerá a partir das 20:00 horas Emerxencias, un recital de versións de cantigas medievais e panxoliñas interpretado por Xoan Curiel. A entrada será libre.

A programación continuará o 26 de decembro co concerto de Fin de Ano na Igrexa de Adragonte, tamén ás 20:00 horas. Ton Risco e Marcos Teira ofrecerán un repertorio que combina jazz, música sudamericana, flamenco e cancións de Nadal.

⚙ Configurar cookies
0.088676929473877