Paderne prepara a gran festa deportiva do II Trail e Andaina GastroLexítimo con récord de participación

O Concello de Paderne está a piques de celebrar a segunda edición do Trail e Andaina GastroLexítimo, que terá lugar o domingo 6 de xullo e que promete ser todo un éxito tras bater un récord de inscricións. Segundo os datos oficiais, serán unhas 350 persoas as que participen nas distintas modalidades da proba.
A cita deportiva partirá desde a Capela de Santa Mariña de Esperela e presenta tres opcións para os participantes: o Trail de 22 quilómetros, o Minitrail de 12 quilómetros e a Andaina de 10 quilómetros, pensadas para distintos niveis e ritmos, permitindo gozar da natureza e da tradición local dun xeito accesible. Ademais, os máis pequenos terán tamén o seu espazo coa celebración do Pequetrail, unha proba adaptada cun percorrido de ata 1.200 metros.
O evento é unha combinación perfecta de deporte, natureza e tradición, que consolida a Feira do CastroLexítimo como unha referencia no calendario deportivo e cultural de Paderne. Esta iniciativa fomenta a participación para todas as idades e habilidades, cunha organización que quenta motores para recibir a centos de participantes e familias.