Paderne pecha o curso cunha xornada festiva chea de actividade e participación veciñal

ACoruñaXa
A xornada contou con exhibicións dos grupos de ximnasia de Viñas, zumba de Quintas e baile de Vilamourel
paderne-actividades
15 Jun 2025

O Concello de Paderne puxo o broche final ás actividades municipais do curso cun acto ao aire libre no que participaron máis de 200 persoas inscritas nas diferentes propostas desenvolvidas ao longo do ano.

A xornada contou con exhibicións dos grupos de ximnasia de Viñas, zumba de Quintas e baile de Vilamourel, que amosaron o traballo feito durante o curso e foron calorosamente aplaudidos polo público asistente. Ademais, como colofón á tarde, a actriz Ángeles Goas puxo o toque de humor cun monólogo que arrancou risas e aplausos.

O alcalde de Paderne, Sergio Platas, quixo destacar o esforzo colectivo que fai posible esta programación: “A todas as persoas que fan posible levar a cabo unha programación tan completa e estendida ao longo do noso municipio, grazas”. E engadiu tamén un recoñecemento especial á participación cidadá: “Felicitamos ás veciñas e veciños que participaron nesta demostración, así como en todos os grupos de actividades, que esperamos seguir enchendo o ano que vén.”

O acto serviulle ao Concello para reafirmar o seu compromiso coa dinamización sociocultural e o fomento da participación veciñal en todo o territorio municipal, apostando por unha programación que chegue a todas as parroquias e colectivos.

⚙ Configurar cookies
0.16873812675476