Paderne organiza unha nova saída ao balneario no Hotel Spa Attica21 de Vilalba

O Concello de Paderne comeza o ano cunha nova proposta de lecer e benestar: unha saída ao Hotel Spa Attica21 de Vilalba (Lugo) programada para o mércores 14 de xaneiro. A actividade realizarase en autobús, con saída ás 9.30 horas desde a Casa do Concello, para chegar á sesión de spa prevista entre as 11.00 e as 12.30. O regreso a Paderne está marcado para as 14.00 horas.
A participación ten un custo de 10 euros por persoa, que inclúe o transporte, a acompañamento de monitor ou monitora e o acceso ao spa. A saída está dirixida a persoas de 60 ou máis anos, con preferencia para as empadroadas en Paderne, e que non precisen apoio para realizar a actividade. As prazas son limitadas.
As reservas poden facerse chamando ao teléfono 981 79 70 01 ou escribindo ao correo cultura@concellodepaderne.com.