Paderne organiza unha nova excursión ao spa de Vilalba para maiores de 60 anos

ACoruñaXa
A saída ao Hotel Spa Attica 21 será o mércores 11 de febreiro, con bus desde a Casa do Concello ás 9.30 horas e sesión termal de 11.00 a 12.30 por 10 euros
HOTEL SPA ATTICA 21 VILALBA
19 Jan 2026

Os Servizos Sociais do Concello de Paderne volven apostar polas actividades de benestar para a veciñanza de máis idade cunha nova saída ao Hotel Spa Attica 21 de Vilalba, dirixida a persoas maiores de 60 anos, tras a boa acollida das excursións anteriores.

A actividade celebrarase o mércores 11 de febreiro. O desprazamento farase en bus e a saída está prevista desde a Casa do Concello ás 9.30 horas. Unha vez en destino, as persoas participantes gozarán dunha sesión de spa entre as 11.00 e as 12.30 horas.

O prezo será de 10 euros por persoa e as prazas son limitadas. As reservas poden formalizarse no teléfono 981 79 70 01 ou a través do correo cultura@concellodepaderne.com.

⚙ Configurar cookies
0.079304218292236