Paderne organiza un ‘autobús do teatro’ para ver en Santiago ‘Memorias dun neno labrego’

ACoruñaXa
A saída será o sábado 17 de xaneiro desde a Casa do Concello ás 16.00 horas para asistir á función das 18.00 horas no Salón Teatro
PADERNE bus teatro
29 Dec 2025

O Concello de Paderne volve apostar pola cultura coa posta en marcha do ‘autobús do teatro’, unha iniciativa que permitirá á veciñanza desprazarse a Santiago de Compostela para gozar da obra ‘Memorias dun neno labrego’, baseada no coñecido libro de Xosé Neira Vilas.

A actividade celebrarase o sábado 17 de xaneiro de 2026. Segundo a información difundida polo Concello, as persoas asistentes serán trasladadas en bus desde a Casa do Concello de Paderne, con saída prevista ás 16.00 horas (pídese puntualidade). A representación terá lugar ás 18.00 horas no Salón Teatro, e o regreso a Paderne está marcado para as 20.15 horas, unha vez rematada a función.

A proposta encádrase no Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego e conta coa produción do propio CDG e de Contraproducións. O texto e a dirección corren a cargo de Cándido Pazó.

As entradas teñen un prezo de 5 euros e poden adquirirse xa a través do teléfono 981 797 001 ou escribindo ao correo cultura@concellodepaderne.com. Desde o Concello lembran que as prazas son limitadas e animan a reservar con antelación.

⚙ Configurar cookies
0.08029317855835