Paderne e Párkinson Galicia organiza unha charla sobre o párkinson o 13 de marzo

ACoruñaXa
O evento será ás 19.00 horas na Casa do Concello e impartirana a fisioterapeuta Sandra García, responsable da área de fisioterapia da Asociación Párkinson Galicia
Imaxe recurso dun paciente con párkinson
3 Mar 2024

O Concello de Paderne organiza unha charla ‘Diagnosticáronme párkinson, que debo saber?’ sobre o párkinson o vindeiro mércores 13 de marzo na Casa do Concello.

O evento será ás 19.00 horas e impartirana a fisioterapeuta Sandra García, responsable da área de fisioterapia da Asociación Párkinson Galicia ubicada na cidade da Coruña.

Deste xeito e baixo o lema “Se queres ir rápido, camiña só. Se queres chegar lonxe, camiña acompañado” a profesional resolverá as preguntas dos veciños e veciñas que acudan a Casa do Concello para atopar resposta  as súas dúbidas.

0.19925618171692