Paderne celebra a terceira edición da Romaría da Familia o 30 de agosto

ACoruñaXa
A festa no Telleiro contará con música, maxia, inchables e actividades para todas as idades
PADERNE romaria familia
6 Aug 2025

Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Paderne organiza a Romaría da Familia, que se desenvolverá o sábado 30 de agosto no Telleiro, a partir das 13.00 horas. Esta xornada festiva ofrecerá un variado programa de actividades para todas as idades.

Entre as actuacións musicais destacan nomes como Carlos Manteiga e as voces de Noli Rodríguez e Alejandra Pais, integrantes da Orquesta Los Satélites. A música será unha das protagonistas desta celebración que pretende reunir á veciñanza nun ambiente familiar e festivo.

Ademais, haberá un espectáculo de maxia a cargo de Cayetano Lledó, inchables para os máis pequenos e unha divertida festa da escuma. Para completar a xornada, instalarase un posto de chocolate con churros, unha doce sorpresa para os asistentes.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 22 de agosto enviando un correo a cultura@concellodepaderne.com ou directamente nas oficinas do Concello.

 

⚙ Configurar cookies
0.15449500083923