Paderne aposta pola saúde coa estrea do ciclo ‘Falemos de saúde’

ACoruñaXa
Unha iniciativa divulgativa con información práctica e accesible sobre doenzas comúns
saude-paderne
16 Apr 2025

O Concello de Paderne pon en marcha neste mes de abril o ciclo ‘Falemos de saúde’, unha iniciativa divulgativa pensada para achegar á veciñanza información práctica e accesible sobre doenzas comúns e como prevelas.

A proposta, aberta a todo o público e sen necesidade de inscrición previa, desenvolverase na Casa do Concello os días 23 e 28 de abril, e 21 e 26 de maio, sempre ás 20.00 horas.

As charlas estarán a cargo dun equipo de profesionais da medicina vinculadas á Unidade Docente da Coruña e á Área Sanitaria da Coruña. Participarán Alba Marcos (R2), Sara Martínez (R3), Noemi Vázquez (R4) e Nerea López, médica especialista en Medicina Familiar e Comunitaria.

Cada sesión centraráse nun tema de interese sanitario. A do 23 de abril abordará a hipertensión, con consellos para identificala e prevela. O 28 de abril será a quenda da diabetes, afondando no seu impacto no metabolismo e a importancia do control do azucre. Xa en maio, o día 21 falarase de colesterol e tabaquismo, mentres que o 26 pecharase o ciclo cunha sesión sobre obesidade e alimentación saudable.

Desde o Goberno local destacan que o obxectivo desta iniciativa é proporcionar ferramentas útiles para mellorar os hábitos de vida da cidadanía, promovendo o coidado da saúde e a prevención de enfermidades moi frecuentes na sociedade actual.

⚙ Configurar cookies
0.15699887275696