Paderne acollerá unha charla sobre a prevención de caídas na xente maior con párkinson

Co fin de promover a saúde e o benestar das persoas maiores, o Concello de Paderne organiza unha charla informativa sobre a prevención de caídas, especialmente naquelas persoas que padecen párkinson.
A charla será impartida por Sandra García, responsable do área de fisioterapia da Asociación Párkinson Galicia-Coruña, quen achegará aos asistentes estratexias e recomendacións para reducir o risco de caídas en persoas maiores, cun enfoque especial nas necesidades dos afectados por esta enfermidade.
A cita será o próximo martes, 18 de febreiro, de 19.30 a 20.30 horas, na Casa do Concello de Paderne. A asistencia é gratuíta e aberta a todas as persoas interesadas en coñecer mellor como previr este tipo de accidentes, fundamentais para mellorar a calidade de vida dos afectados e as súas familias.
Desde o Concello de Paderne anímase a todas as persoas da zona, especialmente aquelas que coidan de persoas maiores ou con párkinson, a participar nesta actividade formativa que, sen dúbida, contribuirá a mellorar a súa comprensión sobre a importancia da prevención en temas de saúde.