Paderne acolle a súa primeira Feira de Cans de Caza cunha xornada festiva

ACoruñaXa
O evento combinará a exposición de cans de caza coa gastronomía e o lecer
paderne-cans-caza
24 May 2025

O Concello de Paderne acollerá este domingo 25 de maio a primeira edición da Feira de Cans de Caza, un evento pioneiro na comarca que promete atraer tanto a afeccionados á caza como ao público familiar. A cita desenvolverase no Campo da Festa do Telleiro, entre as 8.00 e as 16.00 horas, cunha programación pensada para todas as idades.

A feira combinará a exposición de cans de caza coa gastronomía e o lecer. Os asistentes poderán desfrutar dunha zona gastronómica onde non faltarán clásicos como o polbo, o churrasco ou a cantina, ideais para facer unha pausa entre actividades. Para os máis pequenos haberá inchables de balde, garantindo unha xornada divertida tamén para a cativada.

Entre as atraccións destacadas atópase un simulador de tiro, que permitirá ao público probar a súa puntería nun ambiente seguro e controlado.

Desde a organización lembran que todos os cans participantes deberán estar correctamente identificados con microchip e contar coa documentación en regra, garantindo así a seguridade e benestar dos animais durante o evento.

 

⚙ Configurar cookies
0.153892993927