Oza-Cesuras rende homenaxe ás persoas maiores cunha xornada de festa en Dordaño

ACoruñaXa
Un evento pensado para recoñecer a achega das persoas maiores á vida social e cultural do municipio
maiores-oza-cesuras
3 May 2025

O Concello de Oza-Cesuras celebrará o vindeiro sábado 10 de maio a tradicional Comida Homenaxe á Terceira Idade, un evento pensado para recoñecer e agradecer a achega das persoas maiores á vida social e cultural do municipio. A cita terá lugar no pavillón de Dordaño e promete ser unha xornada de emocións, encontros e boa compañía.

A actividade, organizada polo propio Concello, inclúe un xantar colectivo no que veciños e veciñas da terceira idade compartirán mesa e vivencias nun ambiente distendido. A organización tamén prepara unha completa programación complementaria con música, animación e outras sorpresas, coa intención de facer da xornada unha verdadeira festa para quen “tanto fixo por nós”, como sinalan dende o goberno local.

O prezo da participación é de 10 euros por persoa e as inscricións están abertas ata o martes 7 de maio. As persoas interesadas poden anotarse tanto no Centro de Maiores de Oza como na sede do Concello en Cesuras.

Desde o consistorio destacan que esta iniciativa busca “compartir, agradecer e celebrar” coa veciñanza de máis idade, poñendo en valor o seu papel fundamental na historia e o desenvolvemento de Oza-Cesuras. “É unha xornada feita con todo o respecto e recoñecemento”, subliñan.

 

⚙ Configurar cookies
0.15574502944946