Oza-Cesuras pon en marcha as actividades extraescolares nos dous CEIP e estrena aula de pintura renovada

O Concello de Oza-Cesuras deu o pistoletazo de saída das actividades extraescolares nos dous CEIP do municipio, unha iniciativa que aposta pola educación complementaria, a creatividade e o benestar do alumnado.
Un dos fitos deste comezo de curso é a posta en marcha da clase de pintura, que esta tempada trasladouse a unha aula completamente renovada. O novo espazo foi adaptado para ofrecer maior comodidade, mellor iluminación e materiais máis accesibles, co obxectivo de crear un ambiente propicio para a aprendizaxe artística e a expresión creativa dos nenos e nenas.
Ademáis de pintura, as actividades extraescolares ofrecen unha ampla batería de propostas pensadas para favorecer a conciliación familiar e reforzar o aprendizaxe do alumnado: reforzo escolar (lectura, matemáticas e técnicas de estudo), idiomas (inglés), música e coro, teatro e expresión corporal, danza e baile, deporte e multideporte, robótica e programación, obradoiros de ciencia e experimentos, xadrez, manualidades e reciclaxe creativo, cociña saudable, informática e competencias dixitais, educación ambiental e horta escolar, e sesións de ioga e mindfulness para nenos. Estas actividades buscan complementar o currículo, potenciar habilidades sociais e creativas e ofrecer opcións adaptadas a distintas idades e intereses ao longo de todo o curso.
O Concello subliña que esta programación forma parte do compromiso municipal coa educación: 'Seguimos a impulsar actividades que complementen o currículo, fomenten habilidades artísticas e promovan hábitos saudables entre a nosa veciñanza máis nova'.