Oza-Cesuras impulsa o campamento Concilia Nadal 2025 para favorecer a conciliación familiar

ACoruñaXa
A actividade desenvolverase do 22 de decembro ao 7 de xaneiro e está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos
OZA-CESURAS campamento nadal
21 Nov 2025

O Concello de Oza-Cesuras lanza unha nova edición do programa Concilia Nadal, unha iniciativa pensada para facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares. O campamento está dirixido a menores de 3 a 12 anos e desenvolverase do 22 de decembro de 2025 ao 7 de xaneiro de 2026 no Edificio de Servizos Múltiples de Lois.

O Concello ofrecerá diversas opcións horarias entre as 7.30 e as 15.00 horas, co obxectivo de adaptarse ás necesidades das familias. O prazo de inscrición abrirase ás 00.00 horas do 20 de novembro de 2025 e manterase operativo até as 23.59 horas do 27 de novembro de 2025, segundo recolle a convocatoria municipal.

As solicitudes poderán formalizarse de maneira presencial nas sedes municipais de Cesuras e Oza, así como no Centro de Maiores. A web do Concello inclúe toda a información necesaria, así como os anexos e documentación requirida para completar a inscrición.

⚙ Configurar cookies
0.07082200050354