Oza-Cesuras bonifica o 50% do IBI ás familias numerosas con vivenda habitual no municipio

ACoruñaXa
A axuda, que debe solicitarse cada ano e non é compatible con outros beneficios do IBI, está dirixida ás vivendas habituais situadas no municipio
OZA-CESURAS concello
17 Oct 2025

O Concello de Oza-Cesuras aprobou a modificación da ordenanza do IBI para incluír unha bonificación do 50% da cota ás persoas suxeitas pasivas titulares de familia numerosa cuxa vivenda habitual estea situada no termo municipal. A medida figura no bando municipal publicado esta semana.

A bonificación debe pedirse cada ano e non é compatible con ningún outro beneficio fiscal relativo ao IBI. Para o exercicio 2026, o prazo de solicitude remata o 28 de novembro de 2025 e o Concello facilita ademais teléfonos de información (981 792 000 e 981 790 001).

Na web municipal, no apartado de Novas, pódense descargar o modelo oficial de solicitude e o propio bando. O formulario recolle que a vivenda debe ser domicilio habitual e detalla a documentación: DNI, título de familia numerosa, xustificación de domicilio habitual (certificado de empadroamento colectivo, que o Concello pode incorporar de oficio) e acreditación da propiedade ou usufructo (por exemplo, o último recibo do IBI ou o título de dominio). Tamén inclúe declaracións responsables de estar ao corrente coas facendas estatal, autonómica e local e coa Seguridade Social, e a autorización para comprobacións coa AEAT.

Como antecedente, o Concello xa informara de que a modificación da ordenanza introducida en 2024 tivo efectos retroactivos para 2022-2024, permitindo solicitar a devolución do 50% das cotas de eses exercicios ás familias que cumprisen os requisitos

⚙ Configurar cookies
0.069801092147827