Oza-Cesuras acollerá o seu Mercadillo de Nadal o 21 de decembro de 2025

ACoruñaXa
Artesanía, segunda man e troco daranse cita nas inmediacións da Casa do Concello
MERCADILLO xenerica
19 Nov 2025

O Concello de Oza-Cesuras volverá encher de ambiente festivo as inmediacións da Casa do Concello de Oza co tradicional Mercadillo de Nadal, que se celebrará o domingo 21 de decembro de 2025 en horario de 10.30 a 14.30 horas. A cita busca combinar compras navideñas, consumo responsable e convivencia entre a veciñanza.

O espazo habilitado acollerá postos de artesanía, xogos e xoguetes, roupa, libros e todo tipo de artigos de segunda man, procedentes tanto de tendas locais coma de particulares que desexen poñer á venda ou trocar obxectos que xa non empregan. A organización lembra que non se admitirán animais, plantas, medicamentos nin produtos cosméticos.

Desde o Concello subliñan que o Mercadillo de Nadal é unha boa oportunidade para dar visibilidade ás e aos artesáns do municipio, apoiar o comercio de proximidade e fomentar a reutilización de produtos, reducindo residuos nestas datas de maior consumo. Ademais, preténdese que a feira se converta nun punto de encontro para compartir o espírito do Nadal entre os veciños e veciñas de Oza-Cesuras.

⚙ Configurar cookies
0.081599950790405