Oza-Cesuras abrirá o Nadal con dous obradoiros gratuítos de decoración

O Concello de Oza-Cesuras pon en marcha dous obradoiros de decoración do Nadal pensados para compartir creatividade en familia e prender o ambiente festivo nas parroquias. A primeira cita será o venres 22 de novembro no Museo de Cesuras, mentres que a segunda terá lugar o venres 29 no Centro de Maiores. En ambos casos, a actividade desenvolverase de 16.00 a 19.00 horas e é de balde.
Trátase de talleres prácticos nos que as persoas asistentes aprenderán ideas sinxelas para engalanar fogares e establecementos con espírito navideño, fomentando o uso de materiais accesibles e a reutilización. O obxectivo é favorecer a convivencia interxeracional, dinamizar a vida comunitaria e impulsar a participación veciñal nestas datas sinaladas.
As prazas son limitadas e darase prioridade ás persoas empadroadas no municipio. As inscricións poden formalizarse de maneira presencial na Casa do Concello (sede de Cesuras) ou no propio Centro de Maiores. Dende o goberno local animan á veciñanza a anotarse con antelación para asegurar sitio e a levar, quen o desexe, material básico de manualidades para personalizar os seus adornos.