Oza-Cesuras abre o prazo para solicitar axudas ao estudo no curso 2024/2025
O Concello de Oza-Cesuras abriu o prazo para solicitar as axudas ao estudo dirixidas a familias con estudantes no segundo ciclo de Educación Infantil e Primaria nos CEIP do propio concello e en concellos limítrofes, así como a alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria que asistan a centros públicos. Estas axudas, que estarán dispoñibles ata o 22 de novembro, poden tramitarse tanto presencialmente nas sedes de Oza e Cesuras como telematicamente a través da sede electrónica municipal.
Cun orzamento de 10.000 euros, o obxectivo destas subvencións é aliviar o custo dos libros de texto e do material escolar para familias en situación económica desfavorable. As axudas, que se asignarán segundo os ingresos familiares, cobren ata 100 euros para a compra de libros e 90 euros para material escolar.
Toda a información, así como os anexos e formularios de protección de datos necesarios, están dispoñibles nos seguintes enlaces:
As familias interesadas poden consultar estes documentos e tramitar a súa solicitude ata o 22 de novembro.