OVO, o universo de insectos de Cirque du Soleil, chega con versión renovada ao Coliseum a finais de ano

ACoruñaXa
O espectáculo fará a derradeira parada da súa xira europea 2026 na Coruña, con seis funcións do 30 de decembro de 2026 ao 3 de xaneiro de 2027 e entradas á venda xeral desde o 5 de marzo de 2026
CIRQUE SOLEIL CORUÑA
3 Mar 2026

Cirque du Soleil escolle a Coruña para pechar a súa xira europea 2026 con ‘OVO’, un dos seus títulos máis coñecidos, que desembarca no Coliseum cunha proposta actualizada. A compañía presenta unha versión renovada tras varios meses de traballo creativo, con escenografía transformada, novos números acrobáticos, personaxes inéditos, vestiario redeseñado e música revisada.

O espectáculo, que recrea unha vibrante colonia de insectos chea de cor e enerxía, reúne 53 acróbatas e músicos sobre o escenario e está pensado para público de todas as idades. Entre os números, a produción promete acción e imaxinación con escenas como grilos que saltan en camas elásticas ou unha araña que se contorsiona na súa tea.

A parada na Coruña prolongarase do 30 de decembro de 2026 ao 3 de xaneiro de 2027, cun total de seis funcións no Coliseum.

Calendario de funcións:

  • Mércores 30 de decembro de 2026, ás 20.30 horas
  • Venres 1 de xaneiro de 2027, ás 20.30 horas
  • Sábado 2 de xaneiro de 2027, ás 16.30 e ás 20.30 horas
  • Domingo 3 de xaneiro de 2027, ás 12.30 e ás 16.30 horas

No apartado de entradas, a preventa exclusiva arrinca este 3 de marzo de 2026 para membros de Cirque Club, a comunidade en liña da compañía. A venda xeral abrirase o 5 de marzo de 2026 na canle oficial de Cirque du Soleil.

Estreado en Montreal en 2009, ‘OVO’ percorreu corenta países e superou os 10 millóns de espectadores, consolidándose como un dos grandes éxitos contemporáneos da compañía canadense.

0.11845803260803