Os Veteranos do CDX Aranga estrean as novas equipacións da tempada 2025-2026

O equipo de Veteranos do CDX Aranga presentou as súas novas equipacións para a tempada 2025-2026, nun acto celebrado no campo municipal coa participación dos xogadores e membros da directiva.
Dende o club destacouse o esforzo e compromiso das empresas colaboradoras que fan posible a continuidade do proxecto. Os Veteranos quixeron expresar publicamente o seu agradecemento a Porto de Paula, A de Cris, Sidipal e Feitizos de Sabor, o póker de patrocinadores que apoia esta nova etapa deportiva.
Coas novas camisetas vermellas, o CDX Aranga afronta unha tempada chea de ilusión e compañeirismo, mantendo o espírito de amizade e deporte que caracteriza ao equipo. A directiva subliñou que o apoio das empresas locais é fundamental para seguir facendo crecer esta iniciativa que combina paixón polo fútbol e vínculos coa comunidade.