Os socialistas de Arteixo piden un plan para recuperar e manter fontes e lavadoiros

O Grupo Municipal Socialista de Arteixo presentará no próximo pleno un rogo para que o goberno local elabore un Plan de Recuperación e un Plan Anual de Mantemento das fontes e lavadoiros públicos. Estes elementos son considerados patrimoniais e de gran valor social para a veciñanza.
O grupo recolleu recentemente queixas de veciños sobre o estado dalgúns puntos concretos, como o lavadoiro e fonte de Oseiro no camiño a Rañobre, o lavadoiro de Lañas de Abaixo, así como os de Baer e Armentón en Rorís.
O voceiro socialista lembra que estes espazos tamén forman parte do patrimonio local e serviron como lugares de encontro, polo que considera importante establecer actuacións de recuperación e un sistema de mantemento anual.