Os socialistas de Arteixo demandan melloras ante o abandono das rúas no barrio de Baer

O PSOE de Arteixo denuncia o abandono de camiños e rúas no barrio de Baer e insta ao Goberno local a executar as obras necesarias de reparación.
Martín Seco, portavoz do grupo municipal socialista, expón que “mentres o goberno local
se queixa das infraestruturas viarias pertencentes ás administracións provincial ou estatal,
a veciñanza de Baer ten que sufrir o abandono dos camiños e rúas que dependen do
goberno local”, porque nun paseo polo barrio “calquera pode atopar o pavimento en moi
malas condicións, falta de seguridade viaria para os peóns, e un estado do mobiliario
urbano lamentable cun entramado de cables aéreos e postes excesivo”.
O portavoz socialista demanda ao grupo de goberno actuar “nunha zona que pertence ao
núcleo urbano de Arteixo e que debera de ser obxecto dun mantemento integral sen
demora” e a executar as obras necesarias no barrio de Baer para ter uns camiños e rúas
cun pavimento axeitado, e espazos para dar seguridade á veciñanza na súa mobilidade
peonil así como limitar a velocidade dos vehículos.
Os socialistas reclaman tamén que o goberno municipal renove o mobiliario urbano en mal
estado e solicite ás empresas eléctricas e de comunicacións unha reforma no seu sistema
de postes e cableado.