Os socialistas das Mariñas critican os orzamentos da Xunta de 2025 por "excluír á maioría da poboación"

ACoruñaXa
Critican a falta de investimentos en servizos esenciais como o saneamento e centros de día nunha comarca con notable envellecemento
Imaxe da deputada Silvia Longueira no Parlamento Galego
22 Out 2024

Os socialistas das Mariñas expresaron o seu descontento cos orzamentos presentados pola Xunta de Galicia para o ano 2025, asegurando que "deixan fóra de xogo á gran maioría da poboación da comarca". A deputada socialista Silvia Longueira, responsable da área no Parlamento galego, sinalou a falta de investimentos en concellos como Betanzos, Abegondo, Aranga, Irixoa, Paderne e Monfero.

Segundo Longueira, "non hai nin un só investimento en proxectos de saneamento ou en centros de día, que son moi necesarios debido ao envellecemento da poboación nesta zona". Ademais, lembrou que "algúns destes concellos nin sequera foron recibidos por responsables da Xunta".

A deputada finalizou advertindo que "o 2025 será un ano perdido para esta comarca no que se refire aos orzamentos da Xunta".

0.19011306762695