Os Sábados Miúdos volven a Betanzos o 1 de xuño coa función infantil 'Palabras'

ACoruñaXa
O espectáculo está destinado a nenos e nenas a partir de 2 anos e as súas familias e ten unha duración de 45 minutos
Imaxe do cartel dos Sábados Miúdos en Betanzos
26 Maio 2024

O vindeiro sábado 1 de xuño volven os Sábados Miúdos a Betanzos co espectáculo infantil 'Palabras'. O evento de Babobab Teatro terá lugar na Aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Arquivo ás 18.00 horas.

O espectáculo está destinado a nenos e nenas a partir de 2 anos e as súas familias e ten unha duración de 45 minutos.

A actividade ten 60 prazas, con preferencia para os nenos e as nenas empadroadas, que poderán asistir acompañadas de ata dúas persoas adultas.

O prazo de inscrición para o espectáculo estará aberto en na páxina web do Concello, no apartado de Sábados Miúdos, desde o luns 27 de maio ás 10.00 horas e ata cubrir as prazas. A confirmación da praza realizarase antes da actividade no enderezo electrónico facilitado no momento da inscrición.

SM-01062026-Palabras-scaled
0.17057490348816