Os 'Sábados Miúdos' abren o ano en Betanzos co espectáculo 'Brincadeiras da lingua' de Migallas Teatro

O programa infantil 'Sábados Miúdos' retoma a súa actividade en Betanzos co comezo do novo ano e xa ten a primeira cita marcada no calendario. Será o sábado 17 de xaneiro, cando a rapazada poderá gozar de 'Brincadeiras da lingua', un espectáculo de Migallas Teatro que mestura narración oral e música para achegar a palabra e o xogo ao público máis novo.
A sesión celebrarase ás 12.00 h no Aula de Cultura Xulio Cuns (Edificio Arquivo) e está dirixida a nenas e nenos a partir de 3 anos. A entrada será gratuíta ata completar a capacidade do espazo.
Con esta proposta, 'Sábados Miúdos' volve apostar por actividades culturais pensadas para compartir en familia e animar as mañás de fin de semana cun formato participativo e cheo de ritmo.