Os Reis Magos volverán percorrer as parroquias de Ordes cunha Cabalgata chea de ilusión

ACoruñaXa
A visita real farase o vindeiro 5 de xaneiro cun itinerario de 15 paradas por todo o municipio, desde Pereira ata Buscás
ORDES percorrido reis
29 Dec 2025

O Concello de Ordes xa ten definido o percorrido da Cabalgata de Reis que levará a maxia de Melchor, Gaspar e Baltasar por distintas parroquias do municipio o vindeiro 5 de xaneiro. A comitiva realizará un total de 15 paradas en locais sociais, campos da festa e puntos de encontro habituais, para achegar a ilusión do Nadal aos nenos e nenas (e tamén ás familias) en diferentes lugares de Ordes.

A ruta comezará ás 10.30 horas en Pereira (Local Social) e continuará por Beán, Montaos e Parada, seguindo despois por Lesta e Bailía. Ao mediodía, a Cabalgata pasará por Mercurín e Leira, antes de chegar a Ardemil e A Baixa. No treito final, os Reis Magos visitarán Adrán, Vilamaior, Barbeiros e Poulo, para rematar a xornada en Buscás ás 13.55 horas.

Percorrido e horarios:

  • Pereira (Local Social): 10.30 horas
  • Beán (Campo da Festa): 10.45 horas
  • Montaos (Campo da Festa): 11.05 horas
  • Parada (Campo da Festa): 11.20 horas
  • Lesta (Local Social): 11.35 horas
  • Bailía (Local Social): 11.45 horas
  • Mercurín (Local Social): 12.00 horas
  • Leira (Campo da Festa): 12.15 horas
  • Ardemil (Exp. Rest. Avelino): 12.30 horas
  • A Baixa (Local Social): 12.45 horas
  • Adrán (Cruce Marquesina): 12.55 horas
  • Vilamaior (Anexo Igrexa): 13.10 horas
  • Barbeiros (Campo da Festa): 13.25 horas
  • Poulo (Local Social): 13.40 horas
  • Buscás (Local Social): 13.55 horas

Desde o Concello animan á veciñanza a saír ao encontro da comitiva e gozar dunha mañá pensada para compartir en familia e encher de ambiente festivo cada recuncho do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.078176975250244