Os Reis Magos visitarán Carral o 5 de xaneiro cun percorrido por todo o concello

ACoruñaXa
A cabalgata arrincará ás 15.30 horas desde O Xalo e está previsto que remate en Carral arredor das 19.00; desde as 18.00 haberá animación no Campo da Feira e roscón con chocolate
CARRAL reis magos (4)
31 Dec 2025

Os Reis Magos confirmaron a súa visita ao Concello de Carral para o luns 5 de xaneiro, cunha cabalgata que percorrerá distintas parroquias e núcleos do municipio ao longo da tarde. A comitiva sairá ás 15.30 horas desde O Xalo e concluirá en Carral, no Campo da Feira, arredor das 19.00 horas.

O percorrido, pensado para achegar a chegada das Súas Maxestades ao maior número posible de veciños e veciñas, inclúe paradas programadas en diferentes puntos do termo municipal:

  • O Xalo (saída): 15.30 (Local Urbanización)
  • Cabrois: 15.45 (Parque)
  • Quembre: 16.00 (Local Social)
  • Tabeaio: 16.20 (Campo da Festa)
  • Barcia: 16.30 (Local Social)
  • Gosende: 16.50 (Cruce)
  • A Cabra: 17.00 (Cruce)
  • Sergude: 17.15 (Local Social)
  • O Canedo: 17.30 (Local Social)
  • San Vicente: 17.45 (Local Social)
  • As Travesas: 18.00 (Casa Avelina)
  • Cañás: 18.15 (Local Social)
  • Veira: 18.30 (Mesón de Hervés)
  • Carral (chegada): 19.00 (Campo da Feira)

Ademais, o Concello informou de que a partir das 18.00 horas haberá animación e xogos no Campo da Feira, mentres se agarda pola chegada dos Reis. A xornada completarase cun roscón de Reis con chocolate para todas as persoas asistentes, coa intención de converter a tarde nun encontro festivo para as familias e para toda a veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.079774141311646