Os Reis Magos percorrerán Coirós o 5 de xaneiro con festas, merenda e agasallos en varios locais sociais

ACoruñaXa
A visita comezará ás 16.00 h. e fará paradas en dúas residencias de maiores, en Queirís, en Ois e no Centro Social de Coirós, coa colaboración das asociacións Collantres e Fillos de Ois
COIRÓS reis magos
28 Dec 2025

Coirós recibirá o día 5 de xaneiro a visita dos Reis Magos, que a partir das 16.00 h. iniciarán un percorrido polo municipio para atoparse con nenos e nenas en diferentes locais sociais. En cada parada celebrarase unha festa con merenda e reparto de agasallos.

A primeira cita está programada ás 16.00 h. na residencia de maiores Fonte do Santo. A continuación, ás 16.20 h., a comitiva trasladarase ao local social de Queirís. Xa ás 17.00 h. está prevista a visita á residencia de maiores ‘Santa María de Ois’, e ás 17.20 h. continuará no local da sociedade Fillos de Ois.

O percorrido pecharase ás 18.00 h. no Centro Social de Coirós, onde tamén haberá encontro coas familias, merenda e sorpresas para a rapazada.

A organización do evento conta coa colaboración das asociacións culturais Collantres e Fillos de Ois.

⚙ Configurar cookies
0.076568841934204