Os pilotos de Ordes, Eloy Juncal e David Prego, debutarán no Rally da Coruña 2025

Os pilotos de Ordes, Eloy Juncal e David Prego, darán o seu salto ao mundo dos rallys co seu debut no 29 Rally da Coruña, que se celebrará os próximos 21 e 22 de marzo. A parella emprende esta nova aventura cun obxectivo claro: "Obter o mellor resultado posible pero, sobre todo, aprender, gozar da experiencia e, sen dubidar, seguir competindo en probas como Ferro ou Pontevedra".
A presentación oficial do coche, un Citroën Saxo co que competiran nas categorías Volante FGA e Promoción Xoven Piloto 2026, tivo lugar no recinto feiral do Mesón do Vento, rodeados de máis dun centenar de amigos e afeccionados ao mundo do motor. A cita foi todo un éxito, e os pilotos non dubidaron en agradecer o apoio recibido por parte de diversos patrocinadores que fan posible este ilusionante proxecto.
Este debut marca o comezo dunha nova etapa para Eloy e David, que se lanzan con moita ilusión ao mundo do rally, e tamén coa esperanza de que este sexa o inicio dun percorrido cheo de éxitos. A cita na Coruña promete ser o primeiro capítulo dunha carreira prometedora, segundo traslada o Concello de Ordes.