Os obradoiros municipais de Oleiros expoñerán as súas obras na Fábrica de Perillo

ACoruñaXa
A mostra permanecerá no Centro Cultural a Fábrica desde o 7 ata o 21 de xuño
Imaxe do Centro Cultural A Fábrica de Oleiros
4 Xuño 2024

O Concello de Oleiros inagura o venres 7 de xuño ás 20.30 horas unha mostra dos obradoiros municipais de pintura no Centro Cultural A Fábrica en Perillo.

A mostra permanecerá no Centro Cultural a Fábrica (Rúa do Inglés, 13, Perillo) desde o 7 ata o 21 de xuño para que todas aquelas persoas que o desexen poidan visitala en horario de 9.00 a 15.00 horas e 17.00 a 21.30 horas de luns a venres e de 10.00 a 13.30 horas, os sábados.

0.14510703086853