Os nenos e nenas dos CEIP Juana de Vega e Valle Inclán expoñerán as súas pinturas no Centro Cultural A Fábrica

ACoruñaXa
Trátase dunha mostra realizada polo alumnado de NosArte, dirixido pola artista Laura Gualda
expo-nosarte
13 May 2025

O Centro Cultural A Fábrica, en Perillo, acollerá desde o venres 16 ata o 28 de maio a mostra de pintura debuxo e pintura NosArte realizada por nenos e nenas dos colexios de Nós e Perillo dirixidos pola artista e docente Laura Gualda.

Trátase dunha exposición de debuxo e pintura realizada polos nenos e nenas dos CEIP Juana de Vega e Valle Inclán que asisten ás clases de NosArte: arte e pintura, dirixidas pola profesora Laura Gualda, docente e artista desde hai 16 anos. Nesta exposición, conmemorativa do Día das Letras Galegas, tamén colaboraron pais e nais deste gran círculo artístico chamado NosArte.

A inauguración da mostra terá lugar o venres 16 de maio ás 20.00 horas no Centro Cultural A Fábrica en Perillo (Rúa do Inglés, 13).

O horario de visita á exposición será de luns a venres, de 9.00 a 15.00 e de 17.00 a 21.30 horas e sábados de 10.00 a 13.30 horas, e a entrada será de balde.

⚙ Configurar cookies
0.15296196937561