Os máis pequenos do Club BTT Caimanes Betanzos visitan a Comercial Tocho na súa cita navideña con Papá Noel

Os nenos e nenas da canteira do Club BTT Caimanes Betanzos participaron estes días nun encontro xa convertido en tradición para a entidade: a visita á empresa Comercial Tocho, patrocinadora do club, onde Papá Noel agardaba para escoitar os desexos de última hora dos máis pequenos.
Desde o club explican que a iniciativa serve cada ano para reforzar o compoñente familiar da escola deportiva e para darlle protagonismo á base, que é a que garante o relevo xeracional no ciclismo local. No encontro, os ‘pequenos caimanes’ tiveron ocasión de falar con Papá Noel e trasladarlle as súas peticións de cara ao Nadal, nun ambiente festivo no que tamén houbo palabras de agradecemento ao patrocinador pola súa implicación.
O Club BTT Caimanes Betanzos, con actividade de escola e diferentes categorías, mantén unha programación anual ligada ao ciclismo e ao deporte de base no municipio.