Os maiores de Oza-Cesuras recibirán formación sobre novas tecnoloxías
O Concello de Oza-Cesuras organiza a formación ‘Os nosos maiores mellor acompañados’ en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia e a Xunta de Galicia.
A actividade formativa ten como obxectivo brindar as nocións básicas nas novas tecnoloxías aos máis maiores. Os puntos a tratar serán: o funcionamento das máquinas de quendas de Concellos e Centros de Saúde, o funcionamento do caixeiro automático, o emprego do teléfono móbil e a app do móbil do Sergas.
Neste sentido, a formación será gratuíta no Museo de Bragade e impartírase durante os venres 5, 12, 19 e 26 de abril en horario de 10.00 horas a 12.30 horas.
Todas as persoas interesadas en inscribirse poden facelo acudindo as sedes do Concello en Oza e en Cesuras ou chamando aos teléfonos 981 792 000 (Oza) e 981 790 001 (Cesuras).