Os lugares de Cesuras e Castelo, en Oza-Cesures, contarán con novas paradas de autobús

ACoruñaXa
A incorporación cumpre a demanda da cidadanía para mellorar a conexión con Curtis
castelo-oza-cesures-maps
Castelo, google maps
16 May 2025

A Xunta incorpora dende o próximo luns, 19 de maio, dúas paradas de autobús nos lugares de Cesuras e Castelo, no concello de Oza-Cesuras, nunha liña que conecta este municipio co veciño de Curtis.

Coa prolongación da liña ata a parada de Castelo, a Xunta atende a petición do concello de Oza-Cesuras e da cidadanía do municipio de mellorar a conexión en transporte público con Curtis. A veciñanza disporá dun servizo de ida e outro de volta pola mañá de luns a venres e os luns pola tarde durante a tempada lectiva, así como conexións de ida e volta con Curtis os martes pola mañá durante todo o ano.

En época lectiva, os servizos de autobús sairán do lugar de Castelo de luns a venres ás 07,35 horas e de Curtis ás 14,20. Ademais, haberá servizos os luns pola tarde con ida e volta ás 15,25 horas e ás 18,10.

Os martes, durante todo o ano funciona un servizo con saída de Curtis ás 13,30 horas e, para manter a conexión en tempada non lectiva, o servizo da primeira hora da mañá sairá de Castelo ás 08,15.

O acceso aos servizos na parada de Curtis realízase baixo demanda, polo que é preciso que os usuarios realicen unha reserva previa.

⚙ Configurar cookies
0.1337571144104