Os galegos The Rapants actuarán no Coliseum da Coruña como parte da nova xira de La Raíz

ACoruñaXa
A banda muradá retoman a súa xira 'La máquina del buen rollo' este sábado 15 en Pontevedra, no marco do festival Surfing the Lérez e chegarán a A Coruña o vindeiro 22 de marzo
Imaxe do grupo galego The Rapants
11 Xuño 2024

The Rapants será unha das bandas de apertura dos concertos da nova xira do grupo La Raíz, que regresa aos escenarios logo de seis anos de ausencia. Os muradáns acompañarán ao grupo liderado por Pablo Sánchez nos concertos que os valenciáns ofrecerán no 2025, coincidindo co 20 aniversario do nacemento da formación. Concretamente, os rapantes levarán 'La máquina del buen rollo' aos directos que La Raíz dará o 22 marzo na Coruña (Coliseum) e o 26 de abril en Avilés (pavillón da Magdalena). As entradas sairán á venda este xoves, 13 de xuño, a partir das 10.00 am, nas plataformas Enterticket e Ataquilla.com.

Deste xeito, The Rapants suma así dúas novas citas no seu tour, que comezou esta primavera cun dobre ‘sold out’ na Sala Capitol en Santiago de Compostela (23 e 24 de marzo, cuxas entradas se esgotaron en cuestión de minutos) e co que visitaron o Náutico de San Vicente (O Grove), o festival Terraceo de Vigo ou mesmo La Sala do WiZink Center de Madrid, na que se coroaron como gañadores do certame Último acorde x Johnnie Walker celebrado o 26 de abril.

Tras actuar o pasado mes de maio en citas como o Ourensound ou o Festival de Cans, este sábado 15 os rapantes retoman a xira de presentación do seu novo LP, La máquina del buen rollo. A cita será no festival pontevedrés Surfing The Lérez, no que actuarán a partir das 13.30 horas no Escenario Sala Karma. Proximamente visitarán localidades como A Estrada (Festas de San Paio, 25 de xuño) ou Carballo (Festas de San Xoán, 28 de xuño) e, a partir do mes de xullo, serán parte do cartel de citas como Portámerica, Festas do Albariño, SonRías Baixas, Osa do Mar ou Revenidas, entre outras por anunciar.

A Coruña_1080x1920px
0.1690309047699